martes, 5 de mayo de 2009

O CADETE MASCULINO "A" XOGARÁ AS SEMIFINAIS DA COPA FGB CADETE MASCULINA 2008/09

O Cadete Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, Mondariz Seis do Nadal, xogará os cruces de Semifinais da Copa F.G.B. Cadete Masculina da presente tempada 2008/09.

 

Despois de superar en cuartos de final ao Aluminios Cortizo Cluny (Santiago), o Mondariz Seis do Nadal, adestrador por Marcos Blanco, se medirá ao Tirso de Molina (Ferrol), equipo que superou ao Sigaltec BBC en cuartos, nos cruces de semifinais.

 

No partido de ida de cuartos de final ante o equipo de Santiago de Compostela o noso equipo conseguira unha pequena vantaxe nas pistas do Colexio Seis do Nadal (48-45), conseguindo no partido de volta unha nova victoria por 51-59 que o clasificaba para as Semifinais da Copa F.G.B.

 

O partido de ida das Semifinais terá lugar o próximo sábado 9 de maio do 2009 no Colexio Seis do Nadal, sendo o partido de volta a fin de semana do 17 de maio no Pavillon Tirso en Ferrol.