O grupo Júnior Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, Autoescuela Coya Seis do Nadal, xogará as Semifinais da Copa F.G.B. Júnior Masculina da presente tempada 2008/09.
Despois de superar en cuartos de final ao COB (Ourense), o Autoescuela Coya Seis do Nadal, adestrado e dirixido por Sergio González e Carlos Rodríguez, se enfrontará ao Grove Aradas (O Grove), equipo que superou ao equipo de Noia, nos cruces de semifinais.
No partido de ida de cuartos de final ante o equipo ourensán o noso equipo perdeu nas pistas do Colexio Seis do Nadal por un 65-69 despois de recuperar no último cuarto unha diferenza maior no marcador. No partido de volta no Auxiliar do Paco Paz o noso conxunto conseguía superar ao COB por un 50-58 que o clasificaba para as Semifinais da Copa F.G.B.
O partido de ida das Semifinais terá lugar o próximo domingo 10 de maio do 2009 no Pavillón O Grove, sendo o partido de volta a fin de semana do 17 de maio no Colexio Seis do Nadal.

