A pasada fin de semana do 2 e 3 de maio do 2009 o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizou nas instalacións dos Baixos do Estadio Municipal de Balaídos o IX Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet “Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo”, unha cita anual do noso club e da Cidade de Vigo co Minibásquet.
Un total de 24 equipos de categoría alevín procedentes da cidade de Vigo, de Galicia e de Portugal participaron no torneo: 12 equipos en categoría feminina o sábado día 2 de maio, e outros tantos en categoría masculina o domingo día 3.
Na xornada do sábado desenvolveuse a competición en categoría feminina chegando á final o Seis do Nadal “A” (Vigo) e o C.B. Arxil (Pontevedra) despois de que ambos equipos venceran nas semifinais ao R.C. Celta (Vigo) e ao F.C. Porto (Oporto - Portugal) respectivamente.
Nun partido final moi igualado e intenso o equipo anfitrión, o Seis do Nadal “A”, conseguía o desexado Trofeo de Campión do Torneo, sendo o equipo subcampión o C.B. Arxil, o terceiro clasificado o F.C. Porto, e o R.C. Celta o cuarto clasificado.
Na clausura e entrega de premios da categoría feminina estiveron presentes D. Jorge Santos, Director de Publicidade de Caixanova; D. José Jesús Outeiral, Presidente do Club Baloncesto Seis do Nadal; Dna. Mar Lago, Vicepresidenta do club; D. Julio Rodríguez, Tesoureiro da entidade; D. Adrián Sabido, Directivo do club; e D. Manuel Dapena; representante dos Colaboradores do Torneo de Minibásquet.
O domingo 3 de maio foi o turno de xogo da categoría masculina conseguindo o pase á final os equipos Seis do Nadal “A” (Vigo) e Básquet Coruña (A Coruña). Os equipos do C.B. Cidade de Pontevedra (Pontevedra) e o Canteiras Porriño (O Porriño) non superaron aos equipos finalistas e se enfrentaron entre sí polo terceiro e cuarto posto.
A final masculina comezou cunha clara e cómoda vantaxe para o equipo do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia pero o Básquet Coruña foi achegándose ao longo de todo o partido ata o último sexto. Neste último período o equipo local, o Seis do Nadal "A", conseguiu manter a diferenza no marcador e facerse co Trofeo de Campión desta nova edición do Torneo de Minibásquet. O gañador do partido polo terceiro e cuarto posto foi o Canteiras Porriño.
A clausura e entrega de premios de categoría masculina contou coa presenza de D. Xabier Alonso, Concellal de Deportes do Concello de Vigo; D. Alberto Zato; Vicepresidente da Federación Galega de Baloncesto e Presidente da Delegación Viguesa de Baloncesto; D. José Jesús Outeiral, Presidente do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia; Dna. Mar Lago, Vicepresidenta do club; D. Julio Rodríguez, Tesoureiro da entidade; D. Adrián Sabido, Dna. Concepción Martíns e Dna. Ánxeles Méndez, Directivos do club; e D. Sergio González, Director Deportivo.
Durante o Torneo Internacional de Minibásquet leváronse a cabo, como actividades paralelas e dirixidas aos participantes do torneo, concursos de tiros libres e two-ball.
Os gañadores dos concursos de tiros libres e de two ball foron en categoría feminina: Carmen Dapena do Seis do Nadal en tiros libres, e a parella do Canteiras Porriño no concurso de two-ball. En categoría masculina no concurso de tiros libres venceu André Corneiro do F.C. Porto, e o concurso de two-ball foi dominado pola parella do Canteiras Porriño.
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia con motivo do IX Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet organizou, o venres 1 de maio, a IV Edición do Torneo Internacional Caixanova Benxamín para os máis pequenos como pistoletazo de saída.
Desta forma 8 equipos de categoría benxamín competiron o venres 1 de maio no Colexio Seis do Nadal nesta nova edición do torneo benxamín, proclamándose campión o equipo Seis do Nadal M-A impoñéndose nunha disputada e igualda final ao Colexio Salesianos.
Tres xornadas de moito baloncesto, un total de 32 equipos procedentes da cidade de Vigo, Galicia e Portugal, máis de 400 participantes de categoría alevín e benxamín, ao redor de 60 técnicos e adestradores, máis de 52 partidos disputados, unha gran acollida do público ao longo das tres xornadas cheando os pavillóns de xogo, son os ingredientes do éxito que resultou o IX Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal esta tempada 2008/09 co patrocinio de Caixanova.
Todo isto dirixe ao Torneo Internacional de Minibásquet Caixanova “Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo” organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia a seguir sendo un dos torneos de maior tradición e de maior prestixio da comunidade autónoma de Galicia e da Federación Galega de Baloncesto.






