
A Federación Galega de Baloncesto continúa nesta tempada co Programa de Tecnificación de categoría preinfantil para xogadoras nadas no ano 1996.
Nesta ocasión, e para afondar nesta labor a Federación Galega de Baloncesto convoca a un grupo de xogadoras desta idade para participar no Torneo organizado polo A.D. Cortegada e que alcanza esta tempada a súa quinta edición.
Neste grupo de xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participarán Sara Mª Diéguez e Irea González, xogadoras do Infantil Feminino "A", Mondariz Seis do Nadal, e dirixidas por Jorge Martínez e Pablo Sánchez.
Os partidos disputaranse na súa totalidade no Complexo Deportivo de Fontecarmoa, en Vilagarcía de Arousa, desde o venres 3 ata o domingo 5 de abril.
Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos desexarlle moita sorte ás nosas xogadoras neste Torneo no que van a participar.
