Tralo continuo crecemento, tanto en calidade como en cantidade, deste evento xa instaurado en Pontevedra e coa demanda percibida entre os que asisten ano tras ano ao mesmo, o comité organizador do congreso organizará unha nova edición baixo o título V Congreso Nacional de Ciencias do Deporte e da Educación Física "A importancia da Educación Física no sistema educativo español".
O evento pretende ser o centro de reunión dos distintos profesionales do ámbito deportivo e educativo que diariamente traballan por todo o territorio peninsular e Europeo. O pasado ano alcanzouse a cifra de 400 participantes, batendo novamente o récord de participación.
No congreso estiveron representadas 45 provincias españolas e as súas respectivas universidades, así como diversos países, como Venezuela, Italia, Brasil, ademais do nutrido grupo de portugueses que cada ano asisten a este congreso. Asemesmo presentáronse aproximadamente 150 traballos de investigación a través de pósters e comunicacións orais.
A V Edición do Congreso Nacional de Ciencias do Deporte y Educación Física presenta novamente 6 áreas temáticas: Saúde, Educación Física, Ocio e tempo libre, Rendemento, Xestión e Ciencias Sociais.
O congreso está principalmente destinado a persoas que traballan a diario dentro de calquera das diferentes vertientes do ámbito deportivo xa sexan docentes en Educación Física, adestradores, monitores, xestores, animadores, estudantes, ou pertenzan a outros ámbitos como son o campo da medicina deportiva, fisioterapeutas, médicos, nutricionistas, farmacéuticos, enfermeiros, psicoloxía, socioloxía, pedagoxía, etc.
Continuando co éxito logrado o pasado ano, ofertaranse 12 cursos de especialización para profundizar en materias específicas que gozan de certo interese e actualidade.
Unha vez máis Pontevedra convertirase nun dos referentes de distintos profesionais das Ciencias da Actividade Física e do Deporte, dando lugar a un sinfín de coñecementos técnicos e científicos sobre o deporte e un gran número de experiencias vivenciadas por profesionais de diversos ámbitos procedentes de numerosas universidades e centros de traballo de todo o mundo.
O Congreso terá lugar os días 7, 8 e 9 de maio do 2009 en horario de mañá e tarde (09:00 - 14:30 h. e 16:00 - 21:30 h.), cunha carga lectiva de 33 horas.
Para inscribirse a este congreso ou para obter máis información sobre o mesmo pulsar aquí.

