
A Federación Galega de Baloncesto está realizando un traballo de seguimento deportivo a diferentes xogadoras de categoría preinfantil nadas no ano 1996.
Deste xeito, e para afondar nesta labor a Federación Galega de Baloncesto convoca a un grupo de xogadoras desta idade a un adestramento que terá lugar este domingo 22 de marzo, no Pavillón de Rosalía de Castro, en Santiago de Compostela, a partir das 16:00 horas.
Neste grupo de xogadoras o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia terá unha nutrida representación, pois asistirán ao adestramento Sara Araújo, Sara Mª Diéguez, Sara Fernández e Andrea Muñoz, xogadoras do Infantil Feminino "A", Mondariz Seis do Nadal, e dirixidas por Jorge Martínez e Pablo Sánchez.
Estas catro xogadoras da entidade, integrantes a campaña pasada da Selección Galega Alevín Feminina, terán este domingo unha nova oportunidade de seguir aprendendo e adquirindo experiencias no deporte da canastra.














