O Sénior Masculino do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, Seis do Nadal - Coia, adestrado por Francisco García, rematou a fase regular da Liga Zonal D.V.B Sénior Masculina División "B" da presente tempada 2008/09.
O noso equipo finalizou esta fase na 5ª posición do Grupo "A", posto que non lle permite xogar a Fase de Ascenso a Serie "A". No seu logar xogará polo 9º e 10º posto contra o C.B. Lunic, 5º clasificado do Grupo "B".
A clasificación final do Grupo "A" desta primeira fase foi:
1º- CANTEIRAS
2º- ELECTROSHIPS GALICIA
3º- C.B.O.
4º- OHLALA / AIREXA "B"
5º- SEIS DO NADAL
6º- BUGY BUGY
7º- SAN JOSÉ DE LA GUÍA "B"
No Grupo "B" a clasificación desta fase foi:
1º- C.B. RODABALLO
2º- C.B. PUERTO VIGO
3º- CANON ADEMAR
4º- U.E. OS SEIXOS
5º- C.B. LUNIC
6º- ELECTRICA SESTELO C.B.
7º- SALESIANOS
Os partidos polo 9º e 10º posto entre o Seis do Nadal e o C.B. Lunic xogaranse nas xornadas do 22 e do 29 de marzo. O partido de ida terá lugar no Instituto Rosalía (Bembrive) o próximo sábado 21 de marzo ás 17:00 horas, sendo o partido de volta a próxima semana no Colexio Seis do Nadal.
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia quere desexarlle moita sorte ao equipo Sénior Masculino nestes encontros de cruces polo 9º e 10º posto.


















