jueves, 19 de marzo de 2009

A SELECCIÓN ZONAL INFANTIL MASC PREPARA O PRIMEIRO CAMPIONATO

O próximo domingo 22 de marzo ás 17:00 horas no Colexio Seis do Nadal terá lugar un novo adestramento da Selección Zonal Preinfantil Masculina nesta tempada 2008/09.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia terá unha extensa representación nesta concentración de preparación para o Campionato de Seleccións. Os xogadores da nosa entidade que foron convocados son: Jorge Cabaleiro (1996), Lino Comesaña (1996) e Adrián Covelo (1996), xogadores integrantes do Infantil Masculino "B", Eijo Garay Seis do Nadal, adestrados por Miguel A. Simón e Jose Egea.

No corpo técnico desta Selección Viguesa Preinfantil Masculina tamén haberá representación do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Marcos López, adestrador do Alevín Feminino, Caixanova Seis do Nadal, da nosa entidade, dirixe a esta selección nesta tempada 2008/09.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos darlle a noraboa aos nosos deportistas por esta concentración á que foron convocados, e esperamos que aproveiten esta oportunidade para seguir aprendendo e formándose no deporte da canastra.