O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia decidiu adherirse solidariamente á Marcha Munidal pola Paz e Non-Violencia, iniciativa que desde o 2 de outubro deste ano e ata principios do 2010, percorrerá diferentes países de todo o mundo nunha converxencia de múltiples actividades.
Esta campaña trata de denunciar a perigosa situación mundial actual e crear conciencia global da necesidade de paz e o repudio hacia todo tipo de violencia, así como intentar xerar unha conciencia social mundial en contra de toda forma de violencia (física, psicolóxica, racial, relixiosa, económica, sexual) tan establecida e aceptada pola sociedade.
Para apoiar e colaborar neste proxecto o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia realizará ao longo da tempada diferentes actividades e eventos relacionados coa Marcha Mundial.
Como primeira actividade e como toma de contacto con este proxecto, e cos valores que promove, tódolos equipos federados da nosa entidade realizaron unha fotografía de grupo coa pancarta da Marchas Mundial pola Paz e Non-Violencia.


















