O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia coa súa adhesión á Marcha Mundial pola Paz e a Non-Violencia pretendou achegar este proxecto dunha forma lúdica a tódolos inscritos nas Escolas Deportivas Municipais dirixidas pola nosa entidade.
Os rapaces e rapazas das Escolas Deportivas fixéronse fotografías coa pancarta da Marcha Mundial, despois de explicarlle en que consistía o proxecto e que valores promovía.
Deste xeito, o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia tamén extendou esta iniciativa aos máis pequenos do club pertencentes as Escolas Deportivas de Baloncesto do CEIP Seis do Nadal (e do CEIP Doutor Eijo Garay), CPI Celso Emilio Ferreiro, CEIP Alfonso Rodríguez Castelao, CEIP Doutor Fléming, EDM Balaídos e EDM Berbés.






