miércoles, 25 de marzo de 2009

OS PAIS, NAIS, FAMILIARES E AMIGOS TAMÉN APOIAN Á MARCHA MUNDIAL POLA PAZ E A NON-VIOLENCIA

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia tamén quere facer partícipes do apoio e colaboración coa Marcha Mundial pola Paz e a Non-Violencia a tódolos pais, nais, familiares e amigos dos xogadores e xogadoras da entidade.

Deste xeito e extendendo este proxecto solidario a tódolos ámbitos da nosa entidade, os pais, nais, familiares e amigos dos deportistas tamén realizaron sendas fotografías coa pancarta da Marcha Mundial pola Paz e a Non-Violencia.

Este xesto promovido pola nosa entidade, o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, ten o obxectivo de xerar unha conciencia social en contra de toda forma de violencia (física, psicolóxica, racial, relixiosa, económica, sexual) tan establecida e aceptada pola sociedade actual, incluso nas pistas polideportivas.