lunes, 16 de marzo de 2009

O CADETE MASCULINO "A" XOGARÁ A FINAL DA LIGA ZONAL DVB 2008/09

O Cadete Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, Mondariz Seis do Nadal, xogará a Final da Liga Zonal D.V.B Cadete Masculina da presente tempada 2008/09.

 

Despois de impoñerse no partido de ida por 41-50 na pista de Maristas, o equipo adestrado por Marcos Blanco conseguiu a vitoria, o pasado domingo 15 de marzo no Colexio Seis do Nadal, no partido de volta cun tanteo final que reflexaba no marcador un 52-40.

 

Esta clasificación para disputar a Final da Liga Zonal D.V.B. Cadete Masculina, outórgalle ao noso equipo unha praza na Copa FGB Cadete Masculina, competición que comezará o día 19 de abril e que se xogará en formato de eliminatorias a dobre partido.

 

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia quere darlle a noraboa a todos e cada un dos integrantes do equipo Cadete Masculino "A", Mondariz Seis do Nadal, polo seu esforzo e traballa constante, e quere desexarlle moita sorte na Final da Liga Zonal e na futura Copa FGB.