lunes, 16 de marzo de 2009

O FC PORTO PARTICIPARÁ NO TORNEO INTERNACIONAL CADETE

O FC Porto (Oporto - Portugal) participará na Segunda Edición do Torneo Internacional Cadete "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" que organizará o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia os próximos días 10, 11 e 12 de abril do 2009.

O equipo do FC Porto que participará na Segunda Edición do Torneo Internacional Cadete é o equipo de Iniciados Masculino (Infantil Masculino) que competirá na xornada do domingo 12 de abril na categoría masculina Serie "A".

 

O FC Porto repetirá experiencia despois de participar na tempada pasada na Primeira Edición do Torneo Internacional Cadete organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.