lunes, 16 de marzo de 2009

JORGE G. MARQUÉS ACADA A INTERNACIONALIDADE DE ÁRBITRO DE BALONCESTO CADEIRA RODAS

 

O colexiado do Comité Vigués de Árbitros de Baloncesto e colaborador da Federación Galega de Baloncesto, Jorge G. Marqués, rematou de xeito moi positivo, este sábado en Gante (Bélxica), as probas físicas e teóricas que a IWBF (International Weelchair Basketball Federation) realizou dende o xoves na Fase Preliminar da Eurocup a tódolos colexiados aspirantes a obter a súa internacionalidade.

 

Deste xeito, e tras un gran traballo realizado, Jorge G. Marqués acadou a primeira internacionalidade galega como colexiado de baloncesto en cadeira de rodas.

 

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desde tódolos seus estamentos quere darlle a noraboa a Jorge G. Marqués polo seu gran éxito conseguido, mostra do seu traballo e da súa dedicación polo deporte da canastra.