domingo, 15 de marzo de 2009

O JUNIOR MASCULINO "A" CAMPIÓN DA LIGA ZONAL DVB 2008/09

O Júnior Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, Autoescuela Coya Seis do Nadal, proclamouse, na tarde do domingo 15 de marzo, campión da Liga Zonal DVB Júnior Masculina da presente tempada 2008/09.

 

O equipo dirixido por Sergio González e Carlos Rodríguez conseguiu levarse a final ante o C.B. Tui Seta, equipo ao que venceu no partido de ida por 64-75 despois dun encontro moi igualado ata o final do mesmo, e ao que superou no partido de volta cun marcador final de 57-23 que colgou o broche de ouro á final da Liga Zonal.

 

Ao remate do partido de volta celebrado nas instalacións do Colexio Seis do Nadal, D. Alberte Zato, Presidente da Delegación Viguesa de Baloncesto e Vicepresidente da Federación Galega de Baloncesto, fixo entrega dos trofeos ao equipo subcampión e ao equipo campión da competición.

 

Este primeiro posto clasifica ao noso conxunto para a Copa FGB, competición na que participarán os equipos campións de cada Delegación e o equipo subcampión da Delegación á que pertence o equipo campión da Copa FGB da tempada pasada.

 

O sorteo desta competición, que se xogará por eliminatorias a dobre partido (ida e volta), terá lugar o día 7 de abril na Federación Galega de Baloncesto, sendo a data de inicio da Copa o 19 de abril.

 

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, quere darlle a noraboa ao equipo Júnior Masculino "A", Autoescuela Coya Seis do Nadal, polo seu excelente traballo ao longo desta tempada e quere desexarlle moita sorte na Copa FGB Júnior Masculina que comezará despois das vacacións de Semana Santa.