jueves, 12 de marzo de 2009

NOVA CONCENTRACIÓN DA SELECCIÓN ZONAL INFANTIL MASC

O próximo domingo 15 de marzo ás 17:00 horas no Colexio Eijo Garay terá lugar un novo adestramento da Preselección Zonal Infantil Masculina nesta tempada 2008/09.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia terá unha numerosa representación nesta concentración. Os xogadores da nosa entidade que foron convocados nesta ocasión son: Jorge Cabaleiro (1996), Manuel Colmeiro (1996), Lino Comesaña (1996) e Adrián Covelo (1996), xogadores integrantes do Infantil Masculino "B", Eijo Garay Seis do Nadal, adestrados por Miguel A. Simón e Jose Egea.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos desexarlle moita sorte aos nosos deportistas nesta nova concentración á que son convocados, e esperamos que aproveiten esta oportunidade para seguir aprendendo e adquirindo experiencias.