Jorge González Marqués, colexiado do Comité Vigués de Árbitros de Baloncesto e colaborador da Federación Galega de Baloncesto puxo na mañá do pasado xoves 12 de marzo rumbo á localidade belga de Gante para examinarse de cara a acadar a internacionalidade como árbitro de baloncesto en cadeira de rodas.
Marqués, designado pola Federación Española (FDDF) para tal fin, pemanecerá en Gante do 13 ao 15 de marzo realizando as probas físicas e teóricas establecidas pola IWBF (International Weelchair Basketball Federation). Así mesmo, arbitrará, polo menos, dous dos encontros da Fase Preliminar da Eurocup que se disputa nesta cidade europea.
Finalmente, o colexiado vigués coñecerá na xornada do sábado, 14 de marzo, se acada o importante e traballado obxectivo da internacionalidade.
Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos enviarlle todo o noso apoio e desexarlle moita sorte nestas probas para conseguir a internacionalidade. Moita sorte Jorge!

