jueves, 12 de marzo de 2009

NOVA CONCENTRACIÓN DA SELECCIÓN ZONAL INFANTIL FEM

O próximo domingo 15 de marzo ás 18:00 horas no Pavillón Municipal de Baiona terá lugar unha nova concentración da Preselección Zonal Infantil Feminina nesta tempada 2008/09.

As xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que asistirán a esta nova convocatoria son Sara Araújo (1996), Sara Diéguez (1996), Sara Fernández (1996), Irea González (1996) e Andrea Muñoz (1996), xogadoras do Infantil Feminino "A", Mondariz Seis do Nadal, adestradas por Jorge Martínez e Pablo Sánchez.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos desexarlle moita sorte a estas xogadoras e esperamos que aproveiten esta oportunidade para seguir crecendo como deportistas, e o que é máis importante para acumular novas experiencias e seguir aprendendo.