O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará a Segunda Edición do Torneo Internacional Cadete "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" nesta tempada 2008/09. Despois do gran éxito e acollida da Primeira Edición celebrada a campaña pasada, volverase a repetir esta iniciativa os días 10, 11 e 12 de abril do 2009.
Os días 10, 11 e 12 de abril do 2009, nas pistas do CEIP Seis do Nadal e do CEIP Doutor Eijo Garay, reuniranse a un total de 18 equipos con máis de 250 deportistas participando neste torneo.
Como novidade e co obxectivo de superarse cada tempada, este II Torneo Internacional Cadete contará con tres categorías independentes. O venres 10 de abril disputarase a competición do Cadete Masculino Serie "B", o sábado 11 tocaralle o turno ao Cadete Feminino, para finalizar o domingo 11 cos partidos da categoría Cadete Masculina Serie "A".
Nos próximos días publicarase nesta páxina web moita máis información sobre a Segunda Edición do Torneo Internacional Cadete, os equipos participantes, as normas do torneo, os horarios e os calendarios de xogo e moitas outras novidades. Permanecede atentos ao voso sitio web.

