jueves, 5 de marzo de 2009

NOVA CONCENTRACIÓN DA SELECCIÓN ZONAL INFANTIL MASC

O próximo domingo 8 de marzo ás 17:00 horas no Colexio Seis do Nadal terá lugar un novo adestramento da Preselección Zonal Infantil Masculina nesta tempada 2008/09.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia terá, novamente, unha nutrida e numerosa representación nesta concentración. Os xogadores da nosa entidade que foron convocados nesta ocasión son: Jorge Cabaleiro (1996), Manuel Colmeiro (1996), Lino Comesaña (1996) e Adrián Covelo (1996), xogadores integrantes do Infantil Masculino "B", Eijo Garay Seis do Nadal, adestrados por Miguel A. Simón e Jose Egea.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos desexarlle moita sorte aos nosos deportistas por esta nova concentración á que foron convocados, e esperamos que aproveiten esta oportunidade para seguir aprendendo e formándose no deporte da canastra.