jueves, 5 de marzo de 2009

AS SELECCIÓNS GALEGAS DE MINI PREPARAN O CAMPIONATO ESPAÑA

As Seleccións Galegas de Minibásquet masculina e feminina terán este domingo unha nova oportunidade de afianzar o seu xogo de cara a súa participación no Campionato de España.

 

As xogadoras e os xogadores das Seleccións Galegas concentraranse este domingo 8 de marzo en Santiago no Pavillón do Colexio Compañía de María. Este Colexio acollerá esta xornada de adestramentos que terá lugar entre as 10:45 e as 18:00 horas.

 

Os deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia seleccionados para formar parte das Seleccións Galegas de Minibásquet terán pois unha nova xornada de adestramentos en Santiago.

 

Borja Astray, xogador do Caixanova Seis do Nadal, Ana Isabel Fernández e María Pérez, xogadoras do Caixanova Celso Emilio Ferreiro, asistirán como membros integrantes das Seleccións Galegas a esta nova concentracióin.

 

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos desexarlle moita sorte aos nosos deportistas e a Sergio González, como seleccionador da Selección Masculina, de cara á preparación do Campionato de España.