As Seleccións Zonais das Delegacións da Coruña e Vigo proclamáronse, o pasado sábado 28 de febreiro en Sarria, vencedoras do Campionato Galego de Seleccións Zonais en categoría Minibásquet.
A vila lucense de Sarria acolleu o pasado sábado unha xornada de baloncesto e convivencia na que participaron as sete delegacións zonais da Federación Galega de Baloncesto coas súas seleccións de Minibásquet.
A competición rematou coa Selección da Coruña como vencedora en categoría masculina tras un atractivo encontro final desputado ante a selección de Arousa (30 - 75).
Pola súa banda, en categoría feminina as xogadoras arousás conqueriron tamén un posto na final, neste caso ante as xogadoras viguesas. Estas últimas, grazas a un tenteo final de 77- 26, fixéronse co campionato.
Nas Seleccións Zonais de Minibásquet da Delegación Viguesa de Baloncesto competiron do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia: Borja Astray, Hugo López e César Rodríguez, en categoría masculina, e as xogadoras Ana Isabel Fernández e María Pérez, en categoría feminina.
María Pérez, xogadora do Club, recollendo o trofeo
Pulsando aquí podedes consultar a totalidade de resultados rexistrados nesta terceira concentración de Seleccións Zonais así como a clasificación final resultante dos mesmos.
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia quere darlle a noraboa as dúas Seleccións da Delegación de Vigo e aos nosos xogadores e xogadoras polo seu excelente papel neste Campionato Galego.


