

As Preseleccións Galegas de Minibásquet, masculina e feminina, terán nestas vacacións (domingo 22, luns 23 e martes 24 de febreiro), unha nova oportunidade de poñer en práctica o seu xogo.
As xogadoras e os xogadores das Preseleccións Galegas de Minibásquet concentraránse durante estes tres días en Allariz (Ourense).
Os adestramentos protagonizarán tres xornadas de traballo, aproveitando ademáis o luns día 23 de febreiro, ás 18:30 horas para desputar os seguintes encontros:
Preselección Masculina Vs C.B. Allariz Infantil Masc
Preselección Feminina Vs Combinado Infantil Fem Carmelitas
Para esta nova concentración foron convocados do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, en categoría masculina Borja Astray, xogador do Alevín Masculino "A", Caixanova Seis do Nadal, adestrado por Sergio González e Javier Carpintero; e en categoría feminina María Pérez e Ana Isabel Fernández, xogadoras do Alevín Feminino "A", Caixanova Celso Emilio Ferreiro, adestradas por Aalí Mohamed e Caterina Lago.
No corpo técnico destas Seleccións Galegas de Minibásquet tamén hai representación do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Sergio González, Director Deportivo e adestrador do club, é un dos integrantes do corpo técnico da Selección Galega de Minibásquet Masculina.
Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos desexarlle moita sorte a Borja Astray, María Pérez e Ana Isabel Fernández e darlle a noraboa por este nova oportunidade da que van a disfrutar o próximo domingo e que de seguro aproveitarán para seguir aprendendo e mellorando.
