
O próximo sábado 21 de febreiro de 17:00 a 19:00 horas no Colexio Fernádez López de Porriño terá lugar a útlima concentración da Selección Zonal de Minibásquet Masculina cos dez xogadores que asistirán ao Campionato Galego en Sarria.
Os xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que asistirán a esta nova convocatoria e que formarán parte da Selección Viguesa Prealevín Masculina son Borja Astray (1998), Hugo López (1997) e César Rodríguez (1997), xogadores do Alevín Masculino "A", Caixanova Seis do Nadal, adestrados por Sergio González e Javier Carpintero.
Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos felicitar aos nosos deportistas por esta participación na Selección Viguesa de Minbásquet Masculina e queremos desexarlle que pasen unha boa experiencia e que a aproveiten para seguir aprendendo.
