
A aseguradora deportiva ASISA comunica que o único Centro Concertado de Urxencias en Vigo para este ano 2009 é o Sanatorio Nosa Sra. do Perpetuo Socorro, xa que o concerto coas Clínicas Povisa e Fátima non foi renovado.
Lémbrase que Asisa é a compañía aseguradora contratada pola Xunta de Galicia para as competicións Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.
Isto significa que nas clínicas Povisa e Fátima non se atenderán lesións deportivas, e se así fose ASISA non se faría cargo do gasto.
