.
Seguindo instruccións da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia e en vista da situación meteorolóxica da nosa Comunidade, a Federación Galega de Baloncesto toma a decisión de suspender a xornada correspondente ao fin de semana do 31 de xaneiro e 1 de febreiro.
Polo tanto suspéndense todos os encontros de carácter autonómico e zonal a disputar na nosa Comunidade Autónoma.
As categorías nas que non se xogará ningunha competición son as relacionadas a continuación:
- 1ª DIVISIÓN MASCULINA
- LIGA FGB SÉNIOR MASCULINA
- LIGA FGB SÉNIOR FEMININA
- LIGAS SÉNIOR ZONAIS E INTERZONAIS
- LIGAS JÚNIOR ZONAIS, INTERZONAIS E AUTONÓMICAS
- LIGAS CADETES ZONAIS E AUTONÓICAS
- LIGAS INFANTÍS ZONAIS E AUTONÓMICAS
- LIGAS MINIBÁSQUET
- LIGAS PREMINIBÁSQUET
