viernes, 30 de enero de 2009

COMEZA A SEGUNDA FASE DA LIGA D.V.B. ALEVÍN MASCULINA 08/09

Despois do remate da primeira fase da Liga Zonal D.V.B. Alevín Masculina comeza unha nova fase clasificatoria para o Campionato Galego da Federación Galega de Baloncesto nesta categoría nesta tempada 2008/09.

O equipo Alevín Masculino "A", Caixanova Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, dirixido por Sergio González e Javier Carpintero, consegiu o primeiro posto do Grupo B da fase previa desta competición.

A clasificación final da fase previa do Grupo B desta Liga D.V.B. Alevín Masculina foi:

1º- CAIXANOVA SEIS DO NADAL

2º- ANFACO BAIONA

3º- SALESIANOS

4º- APÓSTOL

5º- MARISTAS "A"

6º- CANTEIRAS "B"

7º- C. MARIANO

Este primeiro posto fai que o noso equipo Caixanova Seis do Nadal xogue pola clasificación ao Campionato Galego no Grupo A1-B desta segunda fase xunto a Salesianos, C.B. Tui Seta e Caixanova Eijo Garay. Podedes consultar o calendario desta nova fase pulsando aquí.

O equipo Alevín Masculino "B", Caixanova Eijo Garay, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, dirixido por Carlos Rodríguez e David Rodríguez, quedou clasificado no cuarto posto do Grupo A da fase previa da Liga Zonal D.V.B. desta tempada.

A clasificación final da fase previa do Grupo A foi:

1º- CANTEIRAS "A"

2º- C.B. TUI SETA

3º- C.B. AIREXA NIGRÁN

4º- CAIXANOVA EIJO GARAY

5º- COMPAÑÍA DE MARÍA

6º- NIÑO JESÚS DE PRAGA

7º- MARISTAS "B"

Este cuarta posición fixo posible que o noso grupo se clasificará para a segunda fase clasificatoria para o Campionato Galego, xogando no Grupo A1-B xunto a Salesianos, C.B. Tui Seta e Caixanova Seis do Nadal. Podesde consultar o calendario de xogo pulsando aquí.