Durante a Presentación Oficial da 7ª Liga Interna de Colexios - LINCO Linorsa 2009 organizada polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, tódolos presentes nos Baixos do Estadio Municipal de Balaídos asistiron a unha exhibición do kin-ball.
O kin-ball é un deporte que conxuga a saúde, a cooperación, o traballo en equipo e a competividade. Desta forma naceu o kin-ball, un deporte que se xoga cun gran balón e no que participan tres equipos ao mesmo tempo.
Resaltando estas cualidades, membros da Selección Española de Kin-Ball e alumnos do Ciclo Superior en Animación de Actividades Físico Deportivas, buscaron achegar este novidoso deporte a tódolos participantes desta sétima edición da "Liga das Estrelas".
Despois dunha completa exhibición onde tódolos asisitentes pudieron comprobar a forma de xogo deste deporte e as súas regras fundamentais, os nosos escolares se convertiron nos protagonistas da actividade realizando diferentes xogos cos balóns.
Este novo deporte foi a actividade coa que o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia daba o pistoletazo de saída á 7ª Liga Interna de Colexios - LINCO Linorsa 2009.










