sábado, 31 de enero de 2009

PRESENTADA A 7ª LIGA INTERNA DE COLEXIOS - LINCO LINORSA 2009

O pasado venres 30 de xaneiro o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia celebrou a Presentación Oficial da 7ª Liga Interna de Colexios - LINCO Linorsa 2009 nos Baixos do Estadio Municipal de Balaídos.

Neste acto inaugural da "Liga das Estrelas" realizouse a presentación das Escolas Deportivas que participarán na competición durante tódolos venres de xaneiro ata maio de 16:00 a 18:00 horas.

Ademais do desfile dos rapaces e rapazas integrantes das Escolas Deportivas tamén se presentou ao grupo de árbitros, formado integramente por xogadores e xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, que cada venres serán os encargados de arbitrar os encontros.

Estiveron presentes neste acto D. José Ángel Lago, Director Técnico do Instituo Municpal de Deportes de Vigo (IMD); D. José Jesús Outeiral, Presidente do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia; e D. Sergio González, Director Deportivo do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

Este último presentou o novo formato desta sétima edición da Liga Interna de Colexios, unha edición que contará con dúas categorías (premini e mini) que competirán cada venres de 16:00 a 18:00 horas. Outra das novidades presentes este ano é a creación dunha nova pista onde se realizarán circuitos de habilidade, circuitos e exercicios de técnica individual, visitas e moitas outras sorpresas ao longo da competición.

Tamén se agradeceu a colaboración nesta "Liga das Estrelas" de Linorsa, Aguas de Mondariz, Dulcesol, Coca-Cola, Matutano e Caixanova; empresas que apoiaron este proxecto do deporte base desde a súa primeira edición. Agradeceuse tamén o apoio do Instiuto Municipal de Deportes, do Concello de Vigo, da Delegación Viguesa de Baloncesto e da Federación Galega de Baloncesto.

Deste xeito inaugurábase a LINCO - Linorsa 2009 que nesta sétima edición contará con máis de 100 participantes e 18 adestradores e monitores. O próximo venres 6 de febreiro terá lugar a primeira xornada desta competición escolar.