domingo, 4 de enero de 2009

O INFANTIL MASCULINO "A" DO CLUB 2º CLASIFICADO DO GRUPO ESPECIAL DA LIGA F.G.B. 2008/09

INFANTIL MASCULINO "A"

 

2º CLASIFICADO GRUPO ESPECIAL F.G.B.

O equipo Infantil Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por David Fernández, quedou clasificado na 2ª posición do Grupo Especial B da Liga F.G.B. de categoría Infantil Masculina desta tempada 2008/09.

Esta segunda posición no Grupo Especial da Fase Clasificatoria outórgalle ao noso equipo unha praza na Liga F.G.B. Infantil Masculina desta campaña.

 

A clasificación final deste Grupo Especial B foi:

1º- CAIXANOVA ROSALÍA "A" (Santiago)

2º- SEIS DO NADAL "A" (Vigo)

3º- MARÍN PEIXEGALEGO "A" (Marín)

4º- SALESIANOS COB "A" (Ourense)

 

A clasificación do Grupo Especial A da Liga F.G.B. foi:

 

1º- CANTEIRAS "A" (O Porriño)

2º- ESTUDIANTES LUGO (Lugo)

3º- FERROL CB MESÓN O ESCUDO (Ferrol)

4º- SIGALTEC (Vilagarcía)

 

Os equipos clasificados en cuarto lugar en cada Grupo Especial da Fase Clasificatoria, os equipos campións dos Torneos de Apertura de cada delegación e os equipos subcampións dos Torneos de Apertura das tres delegacións con máis equipos inscritos nesta categoría participarán na Fase de Cruces Clasificatorios.

 

Os vencedores destas eliminatorias, que se xogarán a ida e volta nos fins de semana do 11 e 18 de xaneiro, participarán na Liga F.G.B. desta tempada.

 

O noso grupo Infantil Masculino "A" participará, de xeito seguro, na Liga F.G.B. no Grupo A xunto a Canteiras "A" (O Porriño), Ferrol CB Mesón O Escudo (Ferrol) e tres equipos máis vencedores das eliminatorias dos cruces de clasificación.

 

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia quere darlle a noraboa a este grupo pola praza conseguida na Liga F.G.B. Infantil Masculina 2008/09 e ao mesmo tempo quere darlle moitos ánimos e moita sorte nesta nova competición que comezarán a próxima fin de semana do 25 de xaneiro.