

Rematada, antes das vacacións de Nadal, a primeira fase da Liga D.V.B. Alevín Feminina desta tempada 2008/09 da Delegación Viguesa de Baloncesto xa están dispoñibles os calendarios da segunda fase desta competición.
O equipo Alevín Feminino "A", Celso E. Ferreiro Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, dirixido por Aalí Mohamed e Caterina Lago, xogará no Grupo "A" desta segunda Fase da Liga D.V.B. Alevín Feminina.
Na Fase Previa desta Liga D.V.B. o noso equipo quedou nos primeiros postos do Grupo "B" xunto a Compañía de María, a falta de xogar o partido aprazado contra este equipo. A clasificación final deste Grupo "B" da Fase Previa foi:
1º- COMPAÑÍA DE MARÍA
1º- CELSO E. FERREIRO SEIS DO NADAL
3º- BAIONA ANFACO
4º- CANTEIRAS "B"
5º- SALESIANOS
6º- EMBRUJO CÉLTICO CAIXANOVA
O noso equipo Celso E. Ferreiro Seis do Nadal competirá neste grupo por unha praza no Campionato Galego de Minibásquet fronte a Compañía de María, Canteiras "A", R.C. Celta Caixanova, C. Los Sauces e Baiona - Anfaco. Pódese consultar o calendario desta segunda fase pulsando aquí.
O equipo Alevín Feminino "B", Seis do Nadal "B", adestrado por Marcos López e Bea Vaquero, competirá no Grupo "B" desta segunda Fase da Liga D.V.B. Alevín Feminina.
Na Fase Previa desta Liga D.V.B. o noso equipo quedou clasificado na 5ª posición do Grupo "A". A clasificación final deste Grupo "A" da Fase Previa foi:
1º- CANTEIRAS "A"
2º- R.C. CELTA CAIXANOVA
3º- COLEXIO LOS SAUCES
4º- C.B. AIREXA NIGRÁN
5º- SEIS DO NADAL "B"
6º- COLEXIO MARIANO
Este equipo, Seis do Nadal "B", xogará no Grupo "B" xunto a Salesianos, C.B. Airexa Nigrán, Colexio Mariano, Canteiras "B", Embrujo Céltico - Caixanova. Podedes consultar o calendario pulsando aquí.
Os equipos de categoría alevín feminina comezarán esta segunda fase da competición esta fin de semana do 10 e 11 de xaneiro.


