domingo, 4 de enero de 2009

O CONXUNTO INFANTIL FEMININO "A" 4º CLASIFICADO DO GRUPO ESPECIAL DA LIGA F.G.B. 2008/09

INFANTIL FEMININO "A"

4º CLASIFICADO GRUPO ESPECIAL F.G.B.

O equipo Infantil Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Jorge Martínez e Pablo Sánchez, quedou clasificado na 4ª posición do Grupo Especial B da Liga F.G.B. de categoría Infantil Feminina desta tempada 2008/09.

Esta cuarta posición no Grupo Especial da Fase Clasificatoria obriga ao noso conxunto a xogar os cruces de clasificación para optar a unha praza na Liga F.G.B. Infantil Feminina nesta campaña.

 

A clasificación final deste Grupo Especial B foi:

1º- PONTUMIO (Pontedeume

2º- ARXIL "A" (Pontevedra)

3º- CAIXANOVA CORTEGADA (Vilagarcía)

4º- SEIS DO NADAL "A" (Vigo)

 

A clasificación no Grupo Especial A da Liga F.G.B. quedou do seguinte xeito:

 

1º- R.C. CELTA MARISTAS CAIXANOVA (Vigo)

2º- CÍA MARÍA VIGO "A" (Vigo)

3º- CARMELITAS CORTINAS VIZACAYA (Ourense)

4º- ALUMINIOS CORTIZO CLUNY (Santiago)

 

Os equipos clasificados en cuarto lugar en cada Grupo Especial da Fase Clasificatoria, os equipos campións dos Torneos de Apertura de cada delegación e os equipos subcampións dos Torneos de Apertura das tres delegacións con máis equipos inscritos nesta categoría participarán na Fase de Cruces Clasificatorios.

 

O noso equipo Infantil Feminino "A" participará nesta Fase de Cruces Clasificatorios que se disputarán a ida e volta nos fins de semana do 11 e 18 de xaneiro. Os vencedores destas eliminatorias participarán na Liga F.G.B. desta tempada.

 

O noso grupo Infantil Feminino "A" xogará nestes Cruces de Clasificación fronte a O Meco Santo Angel (O Grove). O primeiro partido terá lugar a fin de semana do 11 de xaneiro en pista visitante, para recibir ao equipo na seguinte fin de semana nas nosas pistas.

 

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia quere darlle moito ánimo a este conxunto e desexarlle moita sorte nos Cruces de Clasificación para que poidan conseguir a praza na Liga F.G.B. Infantil Feminina para a que tanto están traballando e para a que tanto se están esforzando.