
O próximo domingo 25 de xaneiro ás 17:00 horas no Pavillón Municipal de Baiona - Colexio terá lugar unha nova concentración da Preselección Zonal de Minibásquet Feminino nesta tempada 2008/09.
Nesta categoría, as xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que foron convocadas a este adestramento son Carmen Dapena (1997), Ana Isabel Fernández (1997), María Pérez (1997) e Paula Sabido (1997), xogadoras do Alevín Feminino "A", Caixanova Celso Emilio Ferreiro, e adestradas e dirixidas por Aalí Mohamed e Caterina Lago.
Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos desexarlle moita sorte ás nosas xogadoras por esta nova convocatoria, e queremos pedirlle que aproveiten esta nova oportunidade para seguir aprendendo e mellorando.
