sábado, 24 de enero de 2009

COMEZA A LIGA F.G.B. INFANTIL MASCULINA DESTA TEMPADA 08/09

Despois da reunión celebrada o pasado martes 20 de xaneiro do 2009 na Federación Galega de Baloncesto xa está dispoñible o calendario de xogo da Liga F.G.B. Infantil Masculina desta tempada 2008/09.

O equipo Infantil Masculino "A", Mondariz Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por David Fernández, quedou clasificado na segunda posición do Grupo Especial B da Liga F.G.B. de categoría Infantil Masculina desta tempada 2008/09.

Esta segunda posición no Grupo Especial da Fase Clasificatoria outorgoulle ao noso equipo unha praza na Liga F.G.B. Infantil Masculina desta campaña.

 

Despois do sorteo do pasado martes, o noso equipo xogará no Grupo A da Liga F.G.B. Infantil Masculina xunto a B.C.A. (A Coruña), Canteiras "A" (O Porriño), Ferrol CB Mesón O Escudo (Ferrol), Cafe Boliche (A Estrada) e Tirso Molina (Ferrol).

O noso equipo Mondariz Seis do Nadal comezará esta nova competición esta sábado 24 de xaneiro ás 16:00 horas no Pavillón Municipal de Balaídos recibindo ao B.C.A. de A Coruña.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia quere darlle a noraboa a este grupo pola praza conseguida na Liga F.G.B. Infantil Masculina 2008/09 e ao mesmo tempo quere desexarlle moita sorte nesta nova competición que comezan.