
Despois da reunión celebrada o pasado martes 20 de xaneiro do 2009 na Federación Galega de Baloncesto xa está dispoñible o calendario de xogo da Liga F.G.B. Infantil Feminina desta tempada 2008/09.
O equipo Infantil Feminino "A", Mondariz Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Jorge Martínez e Pablo Sánchez, conseguiu unha praza na Liga F.G.B. de categoría Infantil Feminina desta tempada 2008/09, despois de impoñerse nos cruces de clasificación a O Meco Santo Ángel de Pontevedra.
No partido de ida o noso conxunto impoñíase con solidez ao equipo de Pontevedra nas súas pistas (7-57). Xa no partido de volta, o equipo Mondariz Seis do Nadal sentenciaba o cruce de clasificación cun marcador final de 58-15.
Despois do sorteo do pasado martes, o noso equipo xogará no Grupo A da Liga F.G.B. Infantil Feminina xunto a Maestro Mateo Diseño S.L. Calasancias (A Coruña), R.C. Celta Maristas Caixanova (Vigo), Arxil "A" (Pontevedra), Salesianos COB (Ourense) e Carmelitas Cortinas Vizcaya (Ourense).
O noso equipo Mondariz Seis do Nadal comezará esta nova competición esta sábado 24 de xaneiro ás 12:00 horas no Pavillón de Maxisterio (Pontevedra) visitando ao Arxil "A" de Pontevedra.
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia quere darlle a noraboa a este grupo pola praza conseguida na Liga F.G.B. Infantil Masculina 2008/09 e ao mesmo tempo quere desexarlle moita sorte nesta nova competición que comezan.

