

Despois da reunión celebrada o pasado mércores 7 de xaneiro do 2009 nos locais da Delegación Viguesa de Baloncesto xa están dispoñibles os calendarios e as bases de competición da Liga D.V.B. Júnior Masculina clasificatoria para a Copa F.G.B. desta tempada 2008/09.
Esta Liga Zonal D.V.B. Júnior Masculina, clasificatoria para a Copa F.G.B., xogarase nunha primeira fase por sistema de liga a dobre volta en dous grupos.
Na segunda fase os dous primeiros clasificados de cada grupo xogarán as semifinais a dobre encontro os días 7 e 8 de marzo, sendo as finais e os partidos polo terceiro e cuarto posto as fins de semana do 15 e 22 de marzo.
Por outra banda, os dous últimos clasificados de cada grupo xuntaranse nun único grupo e xogarán unha liga dunha soa volta para decidir os postos do 5º ao 8º lugar nas fins de semana do 8, 15 e 22 de marzo.
O equipo Júnior Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, dirixido por Sergio González e Carlos Rodríguez, xogará no Grupo "B" desta Liga D.V.B. Júnior Masculina, xunto a Salesianos, Básket Cañiza e C.B. Tui Seta.
Na primeira xornada desta Fase da Liga D.V.B. Júnior Masculina, que se xogará a próxima fin de semana do 17 e 18 de xaneiro, o noso equipo Seis do Nadal "A" recibirá nas nosas pistas ao Salesianos. Podedes consultar o calendario completo pulsando aquí.
O equipo Júnior Masculino "B", adestrado por Enrique Beloso e Albert Tomas, competirá no Grupo "A" desta Fase da Liga D.V.B. Júnior Masculina, xunto a Canteiras "B", ATV Telecomunicaciones "B" e Apóstol.
A próxima fin de semana do 17 e 18 de xaneiro xogarase a primeira xornada desta competición, xornada na que o noso conxunto Seis do Nadal "B" visitará as pistas do ATV Telecomunicaciones "B". Para consultar o calendario completo podedes pulsar aquí.


