domingo, 11 de enero de 2009

OS NOSOS DEPORTISTAS COAS PRESELECCIÓNS ZONAIS ALEVÍNS

 

 

O próximo domingo 11 de xaneiro ás 16:30 horas no Pavillón Municipal de Baiona terá lugar unha nova concentración das Preseleccións Zonais de Minibásquet nesta tempada 2008/09.

En categoría feminina, as xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que asistirán a esta convocatoria son Carmen Dapena (1997), Ana Isabel Fernández (1997) e María Pérez (1997), xogadoras do Alevín Feminino "A", Celso Emilio Ferreiro Seis do Nadal, e adestradas e dirixidas por Aalí Mohamed e Caterina Lago.

 

Mario Álvarez (1997), Borja Astray (1998), Pablo García (1997) e Hugo López (1997), xogadores do Alevín Masculino "A", Caixanova Seis do Nadal, e adestrados por Sergio González e Javier Carpintero, son os xogadores do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia convocados para este novo adestramento da Preselección Zonal Alevín Masculina.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos desexarlle moita sorte aos nosos deportistas por esta nova concentración á que foron convocados, e queremos pedirlle que aproveiten esta oportunidade para seguir aprendendo e formándose no deporte da canastra.