

Despois da reunión celebrada o pasado mércores 7 de xaneiro do 2009 nos locais da Delegación Viguesa de Baloncesto xa están dispoñibles os calendarios e as bases de competición da Liga Zonal D.V.B. Júnior Feminina clasificatoria para a Copa F.G.B. desta tempada 2008/09.
Nesta Liga Zonal D.V.B. Júnior Feminina, clasificatoria para a Copa F.G.B., xogaranse dúas fases. A primeira fase se xogará a sistema de liga a unha volta nun único grupo.
Unha vez finalizada esta pimeira fase, os catro primeiros clasificados disputarán unha nova liga a unha volta para determinar os postos do 1º ao 4º lugar, e os tres derradeiros clasificados da primeira fase xogarán unha liga a unha volta para determinar os postos do 5º ao 7º lugar. Esta segunda fase se xogará nas fins de semana do 8, 15 e 22 de marzo.
O equipo Júnior Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, dirixido por Francisco García, xogará nesta Primeira Fase da Liga Zona D.V.B. Júnior Feminina, xunto a C.B. Ándersen "B", Canteiras "A", Canteiras "B", Baiona Mario Puentes, Apóstol e Compañía de María.
Na primeira xornada desta Primeira Fase da Liga D.V.B. Júnior Feminia, que se xogará a próxima fin de semana do 17 e 18 de xaneiro, o noso equipo Seis do Nadal recibirá nas nosas pistas ao C.B. Ándersen "B". Podedes consultar o calendario completo pulsando aquí.

