jueves, 4 de diciembre de 2008

A SELECCIÓN GALEGA CETI 96 NO TORNEO "AS LINGUAS DO CAMIÑO"

O xogador do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia Jorge Cabaleiro Díez foi seleccionado para asistir ao Torneo Linguas do Camiño coa Selección Galega Caixa Galicia CETI 96 que terá lugar na localidade de Lugo, os días 6, 7 e 8 de decembro no Pavillón Anexo ao Pazo de Deportes.

Ademais, Sergio González, Director Deportivo e adestrador da nosa entidade, tamén asisitirá a este Torneo como integrante do corpo técnico da Selección Galega.

Este torneo pretende ser un encontro cultural e deportivo no que buscan realzar a importancia do Camiño de Santiago para que coma no seu momento fora o mellor vehículo transmisor das Nacións Centro-Europeas, hoxe sexa o punto de encontro de centos de mozos deportistas, que inspirados nos principios do sacrificio, constancia e esforzo realizan a actividade deportiva no seu día a día.

Os partidos que xogará a Selección Galega serán:

Caixa Galicia Ceti 96 Vs Col. Leonés

Hora: sábado 6 ás 12:00 h. Lugar: Pav. Anexo 2

Caixa Galicia Ceti 96 Vs Estudiantes

Hora: domingo 7 ás 11:00 h. Lugar: Pav. Anexo 1

Porto Vs Caixa Galicia Ceti 96

Hora: domingo 7 ás 17:00 h. Lugar: Pav. Anexo 2

Caixa Galicia Ceti 96 Vs Marín

Hora: luns 8 ás 12:00 h. Lugar: Pav. Anexo 2

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desexámoslle moita sorte a estes dous mozos que de seguro vivirán unha satisfactoria e enriquecedora experiencia neste III Torneo Internacional "As Linguas do Camiño".