miércoles, 3 de diciembre de 2008

A FGB PUBLICA AS BOLSAS 08/09 DOS CURSOS DE ADESTRADORES

A Federación Galega de Baloncesto en colaboración coa Dirección Xeral para o Deporte outorgará unha achega de 5.000 € para Bolsas nos diferentes Cursos de Adestradores organizados pola Escola Galega de Adestradores e realizados durante a tempada 2008/09.

 

Estas axudas dirixiranse aos adestradores das zonas rurais e ás mulleres.

 

AXUDAS ECONÓMICAS PARA MULLERES:

Axudarase con:

 

1. Desconto do 50% da súa cota de inscrición, nos Cursos de Nivel Iniciación ou similar que se realicen.

2. Desconto do 30% da súa cota de inscrición, nos Cursos de Nivel 1 ou similares que se realicen.

3. Desconto do 30% da súa cota de inscrición, nos Cursos de Nivel 2 ou similares que se realicen.

 

AXUDAS ECONÓMICAS PARA ADESTRADORES DE ZONAS RURAIS:

 

Co fin de facilitar o acceso a adestradores de zonas rurais aos Cursos de Iniciación, no caso de que estes se impartan a máis de 20 km. da localidade onde está inscrito o Club no que colabora nesta tempada:

 

Outorgaráselles bolsa con:

 

1. Desconto do 30% da súa cota de inscrición, nos Cursos de Nivel Iniciación ou similar que se realicen.

 

Esta axuda é independente da anterior, podéndose, no caso das mulleres, beneficiarse das dúas axudas, co que obterían o 80% de desconto.