
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participará no II Torneo Infantil "Lugo é básket" que se celebrará o próximo sábado 20 de decembro do 2008 nas instalacións do Pazo dos Deportes de Lugo.
Participará neste torneo, representando ao noso club, o Infantil Masculino "B", Eijo Garay Seis do Nadal, adestrado e dirixido por Miguel A. Simón e Jose Egea.
Xunto ao noso equipo tamén participarán o Básquet Coruña, Estudiantes de Lugo, Elide Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, Cidade de Lugo 96, CB Sarria MGR, Cidade de Lugo 95 e Muebles Muñiz Noia.
O sistema de competición será o seguinte: os oiton equipos disputarán o torneo por sistema de copa, comezando en cuartos de final, a disputar pola mañá, e semifinais e finais, así como partido de perdedores de cuartos, a disputar pola tarde.
O noso equipo xogará o primeiro partido ás 12:15 horas no Pazo dos Deportes fronte ao equipo Elide Asociación Xuvenil Sagrado Corazón.

