martes, 16 de diciembre de 2008

A VILA DE TUI ACOLLE UN PARTIDO DE LENDAS DO BALONCESTO

O novo Pavillón de Deportes de Tui acollerá este sábado 20 de decembro ás 19:30 horas un encontro de Lendas do Baloncest. Trátase dun trinagular no que se enfrontan os veteranos do Real Madrid, do C.B. Tui e do Gestibérica Vigo.

Sobre a pista veranse as caras grandes figuras do baloncesto como Juan Corbalán, José Biriukov, os irmáns Jose Luis e Toñín Llorente, Jose Manuel Beirán, Enrique Villalobos, Brabender, Antúnez, García Coll e Pep Cargol entre outros.

Este evento deportivo organizado polo C.B. Tui realízase co obxectivo de recadar fondos para a Escola de Baloncesto desta vila, ao tempo que busca promocionar o baloncesto e render unha homenaxe a todos estes xogadores veteranos.

As entradas están xa a venda en distintos establecementos de Tui, ou o mesmo sábado poderanse adquirir no despacho de billetes do pavillón, ao prezo de 9 €, e 5€ para os menores de 16 anos.