

As cidades de Ferrol e Arousa acolleron esta fin de semana do 20 e 21 de decembro a Primeira Concentración Galega de Seleccións Zonais Alevíns.
O Pavillón Municipal Miguel Ángel González Estévez, en Carril, acolleu o pasado sábado, día 20, a concentración no seu Grupo A, composto polas seleccións zonais de Arousa, Ourense e Vigo, tanto en categoría masculina como feminina e a competición desenvolverase a modo de liguiña, todos contra todos.
Este Grupo A contou nesta ocasión, como convidadas, coa selección coruñesa alevín masculina e coa selección viguesa feminina, exentas da competición oficial pola súa condición de campioas das finais celebradas no mes de xuño. Ambos conxuntos desputaron dous partidos amigables, un deles contra un equipo Infantil da zona, e o outro contra un combinado das outras tres seleccións.
Pola súa banda, a cidade de Ferrol (Pavillón de Esteiro) acollerá na xornada do domingo, día 21, a competición do Grupo B, no que están incluídas as seleccións masculinas e femininas de Ferrol, Lugo e Santiago, que competirán mediante formato de liguiña.
Do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participaron nesta Primeira Concentración Galega de Seleccións Zonais Alevíns: Borja Astray(1998), Pablo García (1997) e Hugo López (1997), como xogadores da Selección Viguesa Alevín Masculina, e Ana Isabel Fernández (1997) e María Pérez (1997) como xogadoras da Selección Viguesa Alevín Feminina.
