O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organiza nestas vacacións de Nadal, por terceiro ano consecutivo, o 3º Campus de Inverno 08 "Xornadas de Tecnificación". Esta terceira edición terá lugar os días 22, 23, 24 e 26 de decembro do 2008 no Colexio Seis do Nadal entre as 10:00 e as 13:30 horas.
O obxectivo principal que busca a Dirección Deportiva con este campus é reforzar o traballo de técnica individual dos deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e do baloncesto vigués en xeral, fundamentalmente en idades óptimas para a formación.
Hoxe, luns 22 de decembro, desenvolveuse nas pistas do Colexio Seis do Nadal a primeira xornada deste Campus de Tecnificación con máis de 80 participantes.
Ademais dos adestradores do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia tamén visitaron o noso campus Fidel del Campo, Seleccionador Zonal e adestrador do Porriño Baloncesto Base; Ana Álvarez, adestradora do R.C. Celta e do Anfiv; e Borja López, Seleccionador Zonal e adestrador do R.C. Celta e do C.B. Vigo.
Os primeiros bloques de traballo que se levaron a cabo nesta xornada inicial do campus foron o perfeccionamento do pase, das finalizacións e do dribling, a mecánica de tiro, a defensa ao xogador con balón e o traballo de recepción.
Mañá terá lugar a segunda xornada do 3º Campus de Inverno 08 do Club Balonceseto Seis do Nadal - Coia, edición que conta co maior número de participantes e coa maior asistencia de adestradores e adestradoras pertencentes á entidade e dos clubs do baloncesto zonal e autonómico.
















