A quinta edición do Torneo Internacional de Nadal Vila de Marín en idade de minibásquet converteu, o pasado sábado 20 de decembro, o Pavillón Municipal de A Raña nunha gran festa do baloncesto en idade base.
O torneo comezou coa disputa dos grupos de clasificación ás 11 da mañá e nela o noso equipo, o Alevín Masculino "A", Caixanova Seis do Nadal, adestrado por Sergio González e Javier Carpintero conseguiu impoñerse ao equipo de C.B. O Meco (76-48). No segundo partido do grupo o noso conxunto xogou fronte ao Colexio Agustinos, un equipo que impuso ao partido un gran ritmo conseguindo impoñerse aos nosos cunha curta distancia (49-46).
O resto de resultados dos grupos de clasificación deste Torneo Internacional de Minibásquet foron os seguintes:
GRUPO A
- Básquet Coruña 39 Vs C.B. Marín Peixegalego 47
- Fundación Balogal Lugo 50 Vs Básquet Coruña 48
- C.B. Marín Peixegalego 42 Vs Fundación Balogal Lugo 24
GRUPO B
- Seis do Nadal 76 Vs C.B. O Meco 48
- C.B. O Meco 42 Vs Colexio Agustinos 82
- Colexio Agustinos 49 Vs Seis do Nadal 46
Trala comida desputáronse os partidos do terceiro posto ao sexto posto, os concursos de triples e two-ball para finalizar a xornada coa gran final.
Na loita polo quinto e sexto posto o C.B. O Meco superou ao Básquet Coruña mentres que no terceiro e cuarto posot, o equipo do Seis do Nadal se alzou co terceiro posto con moita claridade fronte ao Fundación Balogal de Lugo.
Xa na gran final, o Colexio Agustinos alzouse co trofeo que o acredita como Campión do Torneo Internacional de Nadal Vila de Marín ao vencer por 30 puntos ao anfitrión C.B. Marín Peixegalego (51-21).
O cadro de honra completouse cos gañadores dos concursos. No concurso de triples, a pesar de que os dous xogadores do Seis do Nadal se clasificarán para as semifinais, o primeiro posto foi para Alberto Padín de C.B. O Meco, quedando subcampión do concurso Daniel Torres, xogador da nosa entidade.
O concurso de two-ball foi para Pablo Rodríguez e Javier Vázquez, parella do Seis do Nadal que impuso un elevado nivel ao concurso chegando a anotar máis de 20 puntos en cada ronda.
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia quere darlle a noraboa a este equipo polo excelente papel desenvolto en Marín en tódolos ámbitos.






