martes, 25 de noviembre de 2008

PARABÉS DO PRESIDENTE DA FGB POLO PREMIO DA XUNTA DE GALICIA

Estimado Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia:

 

Quero manifestarvos os meus parabéns polo recoñecemento outorgado pola Dirección Xeral para o Deporte ao voso club a través do premio "Mellor iniciativa en Deporte Escolar 2007/08".

 

Así mesmo, quero aproveitar esta ocasión para amosar a miña gratitude por todo o voso traballo en prol do noso deporte.

 

Sen outro particular recibide un cordial saúdo.

 

Francisco Martín Micó

Presidente da Federación Galega de Baloncesto