
A Delegación Viguesa de Baloncesto vai a dar continuidade aos traballos das Seleccións Zonais da tempada 2008/09 cunha nova concentración da Preselección de Minibásquet Masculina.
Este adestramento da Preselección terá lugar o próximo sábado 29 de novembro ás 16:30 horas no Colexio Compañía de María.
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estará representado nesta concentración por Borja Astray (1998), Pablo García (1997) e Hugo López (1997), xogadores integrantes do Alevín Masculino "A", Caixanova Seis do Nadal, adestrados por Sergio González e Javier Carpintero.
Desde o club desexámoslle moita sorte aos nosos deportistas e esperamos que aproveiten esta nova experiencia coa Selección Zonal.
