viernes, 28 de noviembre de 2008

AS NOSAS XOGADORAS COA SELECCIÓN CADETE FEMININA

A Delegación Viguesa de Baloncesto vai a dar continuidade aos traballos das Seleccións Zonais da tempada 2008/09 cunha nova concentración da Preselección Precadete Feminina.

 

Este adestramento da Preselección terá lugar o próximo domingo 30 de novembro ás 17:00 horas no Colexio Maristas.

 

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estará representado nesta concentración por Lara Espantoso (1994), Laura González (1994), Sara Graugés (1994) e Inés Rodríguez (1994), xogadoras integrantes do Cadete Feminino, adestradas por Marcos Blanco e Breixo Solla.

 

Desde o club desexámoslle moita sorte aos nosos deportistas e esperamos que aproveiten esta nova experiencia coa Selección Zonal.