

A Delegación Viguesa de Baloncesto vai a dar continuidade aos traballos das Seleccións Zonais da tempada 2008/09 cunha nova concentración da Preselección Preinfantil Masculina.
Este adestramento da Preselección terá lugar o próximo domingo 30 de novembro ás 17:00 horas no Colexio Eijo Garay.
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estará representado nesta concentración por Jorge Cabaleiro (1996), Manuel Colmeiro (1996), Lino Comesaña (1996), Miguel González (1996) e Martín Rodríguez (1996), xogadores integrantes do Infantil Masculino "B", Eijo Garay Seis do Nadal, adestrados por Miguel A. Simón e Jose Egea.
Desde o club desexámoslle moita sorte aos nosos deportistas e esperamos que aproveiten esta nova experiencia coa Selección Zonal.
