O pasado martes 30 de setembro do 2008, o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia visitou en Mondariz a D. Javier Solano, Presidente da Fundación Mondariz Balneario.
En representación do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia asistiron D. José Jesús Outeiral, Presidente da entidade; Dna. Mar Lago, Vicepresidenta da entidade; D. Julio Rodríguez, Tesoureiro do club; D. Francisca García, Secretaria do club; e D. Sergio González, Director Deportivo do club.
A representación do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia agradeceu, en nome de toda a familia que conforma a entidade, a longa colaboración que Aguas de Mondariz mantén co noso club desde xa fai moitos anos e que tanto nos apoia e axuda tempada tras tempada.
Este agradecemento foi dirixido especialmente a D. Javier Solano, persona coa cal comezou esta colaboración que aínda está activa na actualidade, e a tódolo equipo de Aguas de Mondariz en xeral.
Do mesmo xeito, D. Javier Solano destacou o impecable e sólido traballo levado a cabo polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia nos seus "25 Anos de Historia" cos rapaces e rapazas, e ensalzou a importante labor social e deportiva que o club desenvolve na actualidade.

